CIED 11 Coruña



O CIED11 ADÍASE A OUTUBRO

Debido á situación de emerxencia sanitaria xerada polo COVID-19, tras un exame serio dos diversos escenarios que poden presentarse de aquí á data inicialmente prevista para o inicio do congreso, e tendo en conta as preocupacións pola saúde e o benestar dos participantes e as posibles restricións de viaxe, o comité organizador do CIED11 de acordo coa xunta directiva da SEED decidiu adiar o XI Congreso Iberoamericano de Economía do Deporte, do 3 ao 5 de xuño, ao 16 e 17 de outubro, con obradoiro previo ao congreso a tarde do 15 de outubro.

Decidimos adiar o congreso coa esperanza de que, durante este tempo, se reduza a incerteza sobre a situación e os participantes poidan planificar as súas viaxes. Realmente esperamos que todos os participantes que se inscribiron para asistir en xuño poidan seguir asistindo en outubro. En calquera caso, os que pagaron a súa inscrición poden solicitar o seu reintegro, contactando a través de congreso.cied11@udc.es.

Tendo en conta as novas datas, e tratando de facilitar as cousas aos participantes, decidimos publicar un novo calendario para as datas máis importantes.

O comité organizador do CIED11 quere agradecer a todos os membros, participantes e patrocinadores pola súa cooperación e comprensión. A pesar desta difícil situación, estamos a traballar con afán para asegurar que a edición aprazada do XI Congreso Iberoamericano de Economía do Deporte siga sendo un éxito.

Seguiremos informando a todos os interesados sobre calquera novidade na organización do evento. Agradecemos a túa paciencia e apoio.

Consulta novas datas clave


Benvida

Benvidos á páxina web do XI Congreso Iberoamericano de Economía do Deporte, que terá lugar os días 15, 16 e 17 de outubro de 2020 na Coruña, na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña.

O Congreso Iberoamericano de Economía do Deporte (CIED) é un encontro anual organizado pola Sociedade Española de Economía do Deporte (SEED), que pretende converterse nunha cita obrigada para académicos e profesionais que traballan no ámbito da xestión e a economía do deporte.

A Coruña asume o legado das dez edicións anteriores co obxecto de dar continuidade a unha iniciativa que pretende configurar ao CIED como unha excelente plataforma de difusión dos avances da investigación en economía e xestión do deporte en España, así como en Portugal e en Iberoamérica.

Nesta liña, tanto o Comité Organizador como o Comité Científico do CIED11 redobran a aposta pola calidade dos traballos e das contribucións presentadas. Por iso convidan a realizar o envío de traballos orixinais sobre calquera temática no ámbito da Economía do Deporte e da Xestión Deportiva antes do 15 de maio de 2020, seguindo as instrucións recollidas en Envío de comunicacións.

En particular, esta undécima edición do CIED prestará especial atención ás políticas públicas e/ou regulacións que afectan a diversos ámbitos vinculados co mundo do deporte, entendido en sentido amplo.

Este congreso está dirixido a: 

  • Investigadores e académicos interesados na economía do deporte.
  • Investigadores e académicos interesados na xestión e o márketing deportivo.
  • Profesionais que traballan nalgunha das áreas temáticas expostas polo Congreso.
  • Estudantes de grao, principalmente de: Ciencias Económicas e Empresariais, Administración e Dirección de Empresas, Ciencias da Actividade Física e Deporte, Marketing e, en xeral, de titulacións con intereses nunha perspectiva económica e de xestión do deporte.
  • Alumnos de Máster e Doutoramento relacionados coas titulacións anteriores.
  • Emprendedores e representantes de empresas relacionadas co sector deportivo.

App CIED11

¡Descárgala ya!



image Este sitio web usa cookies propias y de terceros. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Aceptar