CIED 11 Coruña logo
  • image
    Call for papers

 

 

 

 

Os Comités Científico e Organizador convídanvos a participar enviando os vosos traballos orixinais sobre calquera temática do ámbito da economía do deporte e da xestión deportiva, a través do correo congreso.cied11@udc.es antes do 19 de marzo de 2021.


 

Envío comunicacións

As comunicacións que se presenten no CIED11 poden ser ben orais ou ben pósteres, con preferencia para a primeira de ambas as modalidades, na medida da dispoñibilidade de tempo no programa para a presentación oral das comunicacións aceptadas.

 

Formato e presentación

Formato e presentación

Comunicación oral 

Os autores disporán de entre 8 e 10 minutos para a presentación libre en formato Power Point, PDF ou Prezzi, debendo responder ás preguntas que se realicen posteriormente á exposición do traballo.

Para los autores residentes en el extranjero cabe la posibilidad de realizar la presentación a través de videoconferencia.

O envío das comunicacións debe responder as normas da plantilla  <<< descargar plantilla >>>

As comunicacións deben constar dun mínimo de tres páxinas e un máximo de catro, incluíndo a portada.


Póster 

Os traballos con este formato exporanse, coa presenza obrigatoria de polo menos un dos autores, durante o tempo determinado para a sesión específica fixada no programa, debendo quedar exposto durante o resto da xornada. Para a exposición do póster débese utilizar o modelo proposto por CIED11. 

Os pósteres entregaranse no momento da recollida de documentación, e será a organización do Congreso a encargada de colocar os mesmos no espazo destinado especificamente para permanecer exposto durante o Congreso.
O envío dos mesmos debe responder as normas da plantilla <<< descargar plantilla >>>



NOTA: Para a publicación dos traballos no libro de actas, todos os autores respectivos terán que inscribirse no congreso e devanditos traballos deberanse expoñer por parte dalgún dos seus asinantes. 

image Este sitio web usa cookies propias y de terceros. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Aceptar