CIED 11 Coruña logo
  • image

 

 

 

CIED

XI CIED Coruña 2020

Benvidos á páxina web do XI Congreso Iberoamericano de Economía do Deporte, que terá lugar os días 3, 4 e 5 de xuño de 2020 na Coruña, na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña.

O Congreso Iberoamericano de Economía do Deporte (CIED) é un encontro anual organizado pola Sociedade Española de Economía do Deporte (SEED), que pretende converterse nunha cita obrigada para académicos e profesionais que traballan no ámbito da xestión e a economía do deporte.

A Coruña, asume o legado das dez edicións anteriores co obxecto de dar continuidade a unha iniciativa que pretende configurar ao CIED como unha excelente plataforma de difusión da investigación os avances da investigación en economía e xestión do deporte en España, así como en Portugal e en Iberoamérica.

Nesta liña, tanto o Comité Organizador como o Comité Científico do CIED11, redobran a aposta pola calidade dos traballos e das contribucións presentadas, por iso convidan a realizar o envío de traballos orixinais sobre calquera temática no ámbito da Economía do Deporte e da Xestión Deportiva antes do 31 de marzo de 2020, seguindo as instrucións recollidas en Envío de comunicacións.

En particular, esta undécima edición do CIED prestará especial atención ás políticas públicas e/ou regulacións que afectan a diversos ámbitos vinculados co mundo do deporte, entendido en sentido amplo.

DIRIXIDO A:

  • Investigadores e académicos interesados na economía do deporte.
  • Investigadores e académicos interesados na xestión e o márketing deportivo.
  • Profesionais que traballan nalgunha das áreas temáticas expostas polo Congreso.
  • Estudantes de grao, principalmente de: Ciencias Económicas e Empresariais, Administración e Dirección de Empresas, Ciencias da Actividade Física e Deporte, Marketing e, en xeral, de titulacións e con intereses nunha perspectiva económica e de xestión do deporte.
  • Alumnos de Master e Doutoramento relacionados coas titulacións anteriores.
  • Emprendedores e representantes de empresas relacionadas co sector deportivo.
Tu valoración

image Este sitio web usa cookies propias y de terceros. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Aceptar