CIED 11 Coruña
  • image
    Call for papers

V Premio CIED Xove Investigador

O Comité Organizador e Comité Científico do X Congreso Iberoamericano de Economía do Deporte convocan o V Premio CIED Novo Investigador en Economía e Xestión do Deporte 2021, co obxectivo de promover o traballo científico e recoñecer o labor realizado por novos investigadores.

Os autores interesados en optar ao Premio deberán reunir os seguintes requisitos:

  • O traballo presentado ao Premio debe ser inédito (é dicir, non estar publicado parcial ou totalmente en ningunha revista científica, libro de actas noutro congreso, etc.) e non estar en cola de edición de ningunha revista ou calquera outra publicación científica..
  • O autor aspirante ao Premio debe figurar como autor dunha comunicación aceptada no programa do congreso e, ademais, ser quen a presente e defenda nalgunha das súas sesións. En artigos con máis dun autor, deberá achegarse unha declaración asinada polo conxunto dos autores, na que se detalle de xeito argumentado que o candidato ao Premio é o autor principal.
  • Non estar na posesión do título de Doutor por parte do autor principal á data 30 de xuño de 2017.


Para optar a este premio, os candidatos deberán enviar un correo electrónico á dirección congreso.cied11@udc.es , con data límite 19 de marzo de 2021, indicando expresamente o seu desexo de participar no Premio e achegando unha declaración asinada onde figure o cumprimento dos criterios especificados nos puntos anteriores.

O Xurado do Premio estará formado por tres membros do Comité Científico ou investigadores de recoñecido prestixio que non presenten conflito de intereses cos aspirantes ao Premio nin co resto dos coautores da investigación, se fose o caso.

A resolución do xurado será inapelable e farase pública durante a celebración do CIED11.
A participación no Premio supón a plena aceptación dos requisitos expostos.

image Este sitio web usa cookies propias y de terceros. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Aceptar